Agalure fúndase na cidade da Coruña o ano 1994 por iniciativa dun grupo de enfermos e da Psicóloga Dna. Pilar Ferreiro, para dar cobertura a unha necesidade crecente ás persoas afectadas pola Ludopatía, inicialmente coa denominación social de Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados.

Agalure sitúase na actualidade na cidade da Coruña, Avd. de Glasgow nº 10.

A Asociación desenvolve todas as súas actividades en toda a Comunidade Autonómica Galega.

Os FINS E ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN

Os fins da Asociación consisten en ofrecer a persoas que padecen a enfermidade da Ludopatía ou outras adiccións sen sustancia ou comportamentais e/ou á contorna dos mesmos a atención psicoterapeútica, asesoramento xurídico e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados, mediante un equipo dirixido por profesionais cualificados debidamente titulados. Tamén forma parte dos fins sociais a difusión e sensibilización da sociedade respecto dos problemas asociados á adicción ao xogo ou outras adiccións sen sustancia ou comportamentais; Difusión e sensibilización que axude á detección de persoas afectadas por este problema a fin de facilitar a realización das actuacións preventivas e que fomente o apoio e a compresión social cara ás persoas afectadas. Para a consecución destes obxectivos establecerase un programa anual de actividades que estará vixente desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de cada ano.

O programa de actividades abarca:

a) Atendemos diariamente todas as chamadas telefónicas ou calquera outro tipo de requirimento dun posible enfermo. No caso de atoparse a Asociación pechada (festivos, fins de semana?.) recóllense as chamadas no contestador telefónico.

b) No caso de que este deséxeo, fíxase data e hora para informarlle da súa enfermidade ( se a houber) .

c) Consultas do Equipo Técnico , de luns a venres (ambos inclusive).

d) Consultas do Equipo Técnico a persoal rehabilitado.

e) Realizamos terapias de grupo semanais , para o persoal a tratamento. A cargo do Equipo Técnico .

f) Informacións asociativas, co fin de que os novos socios de Agalure coñezan o funcionamento da Asociación, os seus dereitos e os seus deberes. Serán impartidas por ludópatas rehabilitados.

g) Terapias familiares a cargo do equipo técnico, co fin de apoiar aos familiares das persoas a tratamento

h) Reunións Grupo Apoio Terapéutico, a cargo do equipo técnico a persoal rehabilitado que posteriormente desempeñará funcións de información aos enfermos.

i) Terapias para ludópatas rehabilitados , a cargo do equipo técnico.

j) Establecemos contactos coa Administración local e autonómica .

k) Divulgación en medios de comunicación .

l) Programas de Divulgación e información en Concellos, colexios e profesionais.

m) Elaboración de folletos e carteis para a súa posterior difusión.

n) Actos sociais que son valorados e posteriormente se procede, aprobados pola Xunta Directiva, co fin de fomentar a convivencia entre todos os socios de Agalure (persoal a tratamento, rehabilitados, familiares dos mesmos, etc,).