Neste momento estás a ver Estreamos canle de YouTube!

Estreamos canle de YouTube!

Presentámosvos a nosa canle de YouTube! Creámola para desenvolver en vídeo temas relacionados coa nosa actividade: o tratamento das adiccións comportamentais ou sen substancia.

Que facemos en YouTube?

YouTube é un portal web onde os usuarios poden ver e compartir vídeos. Ter unha canle propia permítenos contar cun espacio fixo e de fácil acceso para todas as persoas interesadas en seguir a nosa actividade a través deste formato. O noso obxectivo é divulgar e ofrecer información sobre un tema tan delicado como o son as adiccións, e compartilo de forma totalmente aberta na nosa canle. Desta forma, esperamos detectar e axudar a persoas que poidan necesitar axuda.

E, para o noso primeiro vídeo, que mellor maneira de empezar que cunha breve presentación da nosa asociación.

De momento, podedes atopar vídeos cortos onde vos presentamos que son as adiccións sen substancia, que son as microtransaccións, loot boxes e gatchas e como funcionan as máquinas tragamoedas.

 

 

 

SUBSCRÍBETE E NON PERDAS NADA

Se queres aprender con nós ou estar actualizado, subscríbete á nosa canle e non perdas todo o contido de calidade que imos ofrecer.

Esperámoste en YouTube!