A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá do Concello de A Coruña, en colaboración coa Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados (Agalure), puxo en marcha a campaña “Aposta pola parte boa do deporte”. O obxectivo é visibilizar, por contraposición ou contraste, o negativo das apostas deportivas, fronte a outros prácticas e entretenimiento saudable, e que os prescriptores da mensaxe sexan os propios mozos e mozas da nosa cidade.
A campaña componse dun vídeo para a súa reprodución como Story de Instagram e de diferentes vídeos para a súa reprodución en Tik Tok. Está protagonizada por seis mozos e mozas da Coruña, todos eles, xogadores e xogadoras de equipos de fútbol base da nosa cidade, que teñen entre 17 e 19 anos. Estes protagonistas comparten un partido nunha praia local, reproducindo así esa denominada “pachanga de amigos” na que se resaltan valores positivos como a celebración, o compañerismo e a colaboración.
A campaña xustifícase polas preocupantes estatísticas que indican un considerable incremento das apostas xuvenís, principalmente, no ámbito masculino e no sector deportivo.
Os protagonistas da campaña son:
– Manuel Martínez Fernández | Xogador del Victoria F.C.
Instagram: manumartiinezf
Tik Tok: manumartiinezf
– Zaida Táboas Vermúdez | Xogadora del Victoria F.C.
Instagram: zai10_10
Tik Tok: zai_1010
– Desalegn Purriños Casal | Xogador del Club Deportivo Los Rosales
Instagram: 11_desa
Tik Tok: 11_deesa
– Sergio Padín Rey | Xogador del C.D. Calasanz
Instagram: sergiii_10
Tik Tok: sergiii_10
– Diego Rodríguez Vázquez | Xogador del Ural C.F.
Instagram: diiego.14_
Tik Tok: diiego.14_
– Sofía Rodríguez Vázquez | Xogadora del Viajes Amarelle FSF
Instagram: soffiarodriguez_
Tik Tok: soffiarodriguez_