Agalure, presente na conmemoración dos 30 anos de FEJAR en Madrid

Agalure, presente na conmemoración dos 30 anos de FEJAR en Madrid

  • Post author:
  • Post category:Novas

A asociación Agalure estivo presente nos actos de conmemoración dos 30 anos de existencia de FEJAR (Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados), que tiveron lugar entre os días 15 e 19 de maio en Madrid.

FEJAR fúndase en Leganés o 18 de Maio de 1991, sendo Socias Fundadoras 5 Asociacións en representación de diversas autonomías.

Ao longo destes anos, FEJAR mantense constante no seu labor de coordinación das súas entidades integradas, e a data de hoxe, está composta por 22 Asociacións e 2 Federacións Autonómicas, sendo a maior representación, a nivel estatal, do movemento asociativo. Os primeiros días, 15 e 16 de maio, e de forma escalonada, presentaron a súa oficina de Madrid ás súas entidades socias, para o que recibiron a vista de distintos representantes das asociacións e federacións que, de forma escalonada, puideron coñecer a súa sé, así como conversar cos membros da Xunta Directiva e Técnica que pemanecieron eses días en Madrid.

O día 18, e coa presenza de distintas autoridades, celebrouse o acto oficial de inauguración, así como a celebración do 30 Aniversario.