Neste momento estás a ver Benvidos ao blog de Agalure!

Benvidos ao blog de Agalure!

Na Asociación Agalure continuamos medrando, aprendendo e adaptándonos ás novas tecnoloxías, fundamentais na actualidade para ofrecer un trato máis próximo.

O obxectivo deste blog é abrir un espazo que sirva para reflexionar, aprender, compartir consellos, vivencias ou informar sobre diferentes adiccións. Pero, sobre todo, difundir e sensibilizar co fin de detectar e facilitar actuacións que fomenten o apoio e a comprensión social cara as persoas afectadas con adiccións comportamentais.

Gustaríanos que fose unha canle de comunicación fluída na que respondamos ás vosas dúbidas e esteamos á altura dos vosos intereses. Por iso, poñémonos á vosa disposición para que, a través deste medio, vos sintades libres de preguntarnos as vosas curiosidades ou dúbidas. Agradecemos do mesmo xeito recibir as vosas suxestións sobre os temas que vos interesan.

Escribídenos as vosas propostas a redes@agalure.org. Non dubidedes en comentar, preguntar ou suxerir, trataremos de escribir un artigo relacionado!