Neste momento estás a ver Charlas preventivas co RC Deportivo da Coruña

Charlas preventivas co RC Deportivo da Coruña

A asociación Agalure realizará unhas sesións de charlas preventivas nas categorías base do RC Deportivo SAD. Estarán dirixidas a todos os xogadores e xogadoras que forman parte da súa canteira.

Este luns 30 de xaneiro comezaremos co primeiro ciclo, sobre a adicción ó xogo. O obxectivo é que os seus futbolistas en formación poidan ser conscientes dos riscos que existen arredor desta problemática social, cada vez máis en auxe entre a xuventude.

As charlas correrán a cargo dos profesionais especialistas de Agalure, co apoio do departamento de psicoloxía do RC Deportivo da Coruña, nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo.

Dende a Asociación Agalure gustaríanos agradecer á dirección de Fútbol Formativo do RC Deportivo que tivesen en conta un tema tan importante na actualidade como o son as conductas aditivas, un considerable problema na adolescencia que debe previrse e tratarse.

Agalure, ademais de levar a prevención a centros educativos e formativos, somos unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.

A nosa sede asistencial, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.