Neste momento estás a ver Concesión da subvención FOAXE-P da Deputación da Coruña

Concesión da subvención FOAXE-P da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vén de aprobarnos a subvención FOAXE-P, a través do programa “Podo, pero só non podo”.

Esta subvención, xestionada polo Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da Deputación da Coruña, está dirixida a entidades sen ánimo de lucro, para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2023.

Desta maneira, poderemos seguir traballando nos programas de tratamento terapéutico, rehabilitación e inserción social, actividade que desenvolvemos con persoas que padecen a ludopatía ou outras adiccións sen substancia.

Unha vez máis, agradecer á Deputación da Coruña todo o apoio que brindan á asociación. A nosa actividade non sería posible sen o seu apoio polo que, queremos recoñecer públicamente o seu compromiso e solidaridade na nesta loita.

Agalure somos unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.

A nosa sede asistencial de Coruña, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.

Dende o pasado mes de abril, tamén dispoñemos dun novo centro asistencial en Lugo, no que estamos a disposición baixo cita previa no 982 991 670.