Neste momento estás a ver Subvención FOAXE-P/22 da Deputación da Coruña

Subvención FOAXE-P/22 da Deputación da Coruña

Dende Agalure queremos agradecer á Deputación da Coruña a concesión da subvención aceptada á nosa asociación, cun importe total de 18.476€, un coeficiente de financiamento do 0,6995. Isto foi posible a través de FOAXE-P/2022, co programa “Podo pero só non podo”.

Isto súmase, ademais, á concesión da subvención FOIE desta mesma institución, que publicamos a pasada semana: un total de 10.500€, coeficiente de financiamento do 0,7916.

A nosa actividade non sería posible sen o apoio das institucións. Dende este espazo, como mostra de agradecemento, queremos recoñecer públicamente, unha vez máis, o compromiso e a solidaridade desta entidade, apoiando a loita contra a ludopatía e as adiccións sen substancia ou comportamentais.