Neste momento estás a ver Conclusións do 23º Congreso de FEJAR

Conclusións do 23º Congreso de FEJAR

Esta fin de semana tivo lugar o 23º Congreso Nacional de Fejar «Unid@s por un futuro brillante: jóvenes en acción». Ó evento, en San Juan de Alacante, asistiron as 23 asociacións e as 2 federacións autonómicas integradas en FEJAR, sumando unha asistencia de 300 persoas acreditadas.

Este ano abordouse unha problemática moi importante como son a xuventude e os adolescentes, a parte social máis sensible e que se converteu na diana da Industria do xogo. Nestes momentos de cambios sociais, as asociacións especializadas en combater as adiccións sen sustancia detectamos un incremento da prevalencia da problemática do xogo en xuventude e adolescentes. No caso das mozas, ademais, obsérvase un alarmante incremento con respecto a outros momentos.

Xogo online, dependencia de pantallas móbiles ou videoxogos son os principais buracos negros que atrapan o tempo de ocio da xuventude española e pola que é preciso traballar para concienciar á sociedade do perigo que corren. Nuns casos débese actuar con prevención e, noutros, para tratar a enfermidade da adicción na que a sociedade lles deixou caer.

FEJAR advertiu que “a distancia xeracional, a brecha tecnolóxica e ás veces tamén a dificultade de educar e poñer límites a outras xeracións distanciounos de realidades que nos dá medo coñecer e que, neste momento, aínda que ocorren diante de nós no móbil que levan os nosos fillos e fillas, escapan ó noso control”.

Por iso é preciso previr e acudir a terapias adecuadas para evitar que a mocidade medre nun ambiente de consumo insán que pode propiciar a dependencia á tecnoloxía e o xogo. Activar estratexias que reconduzan o comportamento da xuventude xa adicta non é algo que poida esperar. O xogo adictivo é un problema de saúde mental.

Os actos do Congreso

As reunións programadas afondaron nos puntos máis críticos que ameazan a saúde mental da xuventude española. Os expertos explicaron ós asistentes que, sen formación adecuada e sen unha tutela que mida o uso das pantallas e dispositivos dixitais, “o risco de ter unha adicción aumenta”. “Unha adicción supón ter problemas derivados dos comportamentos desordenados e tamén as súas fatais consecuencias económicas, laborais e sociais”.

Inauguración

O acto de inauguración do 23º Congreso foi presidido por Máximo Enrique Gutiérrez, máximo representante de FEJAR. Dende as institucións públicas acompañáronlle:

  • Francisco José Ponce, secretario Autonómico de Sanidade da Generalitat Valenciana
  • Marta Navarro, xefa de Servicio da Subdirección de Coordinación de Programas en representación da Delegación do Gobierno para o Plan Nacional Sobre Drogas.

Tamén na mesa presidencial estiveron presentes:

  • Gerardo Rodríguez, secretario de FEJAR
  • Carmen Nacimiento Ruíz, vocal de Xuventude e Voluntariado de FEJAR
  • Carmen Quintana, vocal da Muller

 

Conferencia inaugural: Fabián Villena, “Actitud Positiva Inteligente”

 

Fabián Villena, internacional ademais de consultor en felicidade e produtividade, foi o encargado de provocar a reflexión e prender as emocións na xornada inaugural coa súa exposición “Actitud Positiva Inteligente”.

Como primeiro invitado deste evento, o discurso quixo apelar á importancia da actitude á hora de afrontar os desafíos que nos reta a vida. Afirma que “non podemos encontrar fóra o que está dentro. En moitas ocasións caemos en adiccións porque buscamos encher un baleiro que temos no noso interior”.

Basou a súa argumentación en que “se nos enfocamos en mellorar a nosa intelixencia emocional, autocoñecemento, habilidades sociais e benestar as probabilidades de caer nunha adicción diminuirían considerablemente”, promovendo a reflexión sobre a necesidade de abordar os desafíos dende unha perspectiva interna e positiva.

Como conclusión para inspirar un cambio nas persoas, Fabián recorre a Roosevelt: “Fai o que poidas, co que teñas, onde esteas”.

 

Ramón Peña, “Jóvenes y nuevas adicciones. Los videojuegos como inicio de la ludopatía”

 

A xornada do sábado comezou coa sempre impresionante charla de Ramón Peña, experto en ludopatía e formador do equipo do Plan Director da Garda Civil de Lugo. Entre outros puntos importantes, Ramón contextualizou e explicou como a industria do xogo crea produtos a medida para que a xuventude e os menores de idade encontren pracer nos videoxogos e as ferramentas dixitais que teñen ó seu alcance.

Ramón Peña desvela que “Os xa tradicionais xogos de móbiles gratuítos esconden en realidade unha máquina “tragaperras” simulada con estética de videoxogo, onde un xogador pode gastar cartos sen límite, podendo chegar a desenvolver unha ludopatía e graves problemas económicos no entorno familiar”.

Con Ramón Peña, segundo o comunicado de FEJAR, “puxemos cara a novas formas de xogo descoñecidas para nós como adultos, pero non para os e as adolescentes, de realidades complexas e potencialmente moi problemáticas. Vimos a que xogan, por que xogan e cal é o día a día nas súas vidas dentro das redes sociais”.

 

Antonio Rial Boubeta: “Menores y nuevas formas de adicción: impacto a nivel familiar, conductual y emocional”

 

O doutor en psicoloxía Social e catedrático da USC, Antonio Rial Boubeta, mostrou a preocupante relación dos menores co xogo.

Entre os datos que prenden a alarma do seu estudio despréndese que “un de cada tres adolescentes que adquire a estas idades o hábito de apostar, acaba desenvolvendo unha adicción ó xogo”. Ademais, os datos que recolleu afirman que “un de cada tres adolescentes enganchados ó xogo presenta síntomas de angustia e o 36,1% tiveron que roubar para seguir apostando ou para pagar as súas débedas”.

A franxa de idade que máis xoga videoxogos é a de 11 a 14 anos.

 

Jorge Flores: “Recursos educativos para la promoción del bienestar digital en adolescentes”

 

Jorge Flores, director de Pantallas Amigas, pechou a mañá fixando os seus obxectivos na boa saúde mental dos menores, solicitando “a implementación de hábitos de vida dixital saudables na familia, xa que son a mellor maneira de promover o benestar dunha adolescencia conectada”.

 

 

 

 

 

Testemuñas e peche co mentalista Toni Bright

 

Xa na xornada do domingo, os protagonistas foron tres mozos, menores de 25 anos, que xa sufriron esta realidade e puxéronse en mans de entidades asistentes para buscar axuda. Ofreceron o seu punto de vista, falaron do día a día da súa adicción, do seu proceso de recuperación e dos problemas e facilidades que se encontraron nesta nova realidade.

 

 

Conclusións

Entre as conclusións que expón FEJAR, destaca que:

  • É preciso formarse para afrontar a brecha dixital entre adultos e menores para frear as adiccións. Sen formación adecuada e sen una tutela que mida o uso de las pantallas e dispositivos dixitais, o risco de ter unha adicción aumenta
  • Os novos produtos como as ‘loot boxes’ ou caixas de recompensas “diluíron a distancia entre o que é e non é xogo, achegándose de maneira perigosa ó xogo de azar”
  • Os novos xogos serven para atrapar a novos fieis que conducen ás adiccións. Tamén hai que poñer especial atención no “buraco das redes sociais e as novas formas de comunicación entre a xuventude”
  • A idade media en que os nenos reciben o seu primeiro móbil sitúase nos 10 anos. Un dispositivo con contidos violentos e pornográficos, que poden ser a base para o desenvolvemento de outras problemáticas. Este asunto estaría relacionado cos problemas que son portada dos medios de comunicación nos últimos meses respecto a diferentes agresións individuais ou múltiples
  • O uso e abuso da tecnoloxía, redes sociais e videoxogos, ocasiona un gran impacto a nivel familiar
  • As redes sociais, sempre tratando de buscar unha felicidade e positivismo que se mostra con mensaxes de que todo é posible, afecta á tolerancia á frustración dos nosos adolescentes. “É difícil competir cunha tecnoloxía que é tan pracenteira, está tan dispoñible, accesible, económica, inmediata, socialmente aceptada e é tan necesaria para tantas cousas. Esta tecnoloxía está deseñada para ocupar espazo e tempo nas nosas vidas. Por iso, ocupa un lugar que non lle corresponde e cústanos poñer nese lugar outros valores que son necesarios para o uso adecuado da mesma.”
  • Reivindícase a necesidade de establecer os recursos necesarios, especialmente por parte da administración, para conseguir unha vida máis saudable sen adiccións que poidamos deixar á nosa xuventude.

 

Agalure somos unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.

A nosa sede asistencial de Coruña, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.

Dende o pasado mes de abril, tamén dispoñemos dun novo centro asistencial en Lugo, no que estamos a disposición baixo cita previa no 982 991 670.