Estimada/o socia/o:
Éme moi grato poñer no seu coñecemento que o próximo día 19 de Xuño celebrarase a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA da Asociación AGALURE, ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria, no Salón de Terapias do Centro Asistencial da asociación sito en rúa Pasteur,30 Biaxo-15008 A Coruña, co seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Elección de nova Xunta Directiva, segundo o Art.25 dos estatutos da Entidade que di:
“A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un vicepresidente, un tesoureiro, un secretario e catro vocais como máximo. Establécense como requisitos para pertencer á Xunta Directiva os seguintes: ser paciente rehabilitado cun ano de antigüidade (socio de número) para os cargos de Presidente, Vicepresidente, Tesoureiro e Secretario, e de seis meses de antigüidade para os vogais, entendendo por paciente rehabilitado aquel que cumpra os requisitos terapéuticos establecidos polo equipo terapéutico da Asociación. Como condición, no caso de que non haxa candidatos con estes requisitos, a Asemblea Xeral poderá elixir, co fin de que non quede vacante a Xunta, a calquera socio rehabilitado, independentemente da súa antigüidade. Ser socio de Agalure. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán exercidos de forma altruísta, elixiranse pola Asemblea Xeral, e durará un período de tres anos (cinco en caso de aprobarse o punto anterior). Os membros da Xunta Directiva poderán recibir unha retribución adecuada pola realización de servizos diferentes ás funcións que lles correspondan como membros do órgano de representación. Para a elección da Xunta Directiva abrirase un prazo de 10 días, o cal finalizará 24 horas antes da celebración da Asemblea Xeral, co fin de realizar a presentación das candidaturas, as cales poderán ser conxuntas, Xunta Directiva completa, ou individuais. Unha vez comprobado pola Xunta Directiva saínte que ditas candidaturas reúnen todos os requisitos establecidos polos presentes Estatutos, serán expostas no taboleiro de anuncios para coñecemento dos socios. Durante a celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria procederase á elección dos compoñentes da Xunta Directiva mediante votación, para o que se habilitará a correspondente urna. No caso de que se presentou unha soa candidatura esta quedará proclamada electa.”
Dados o tema para tratar, rógolle encarecidamente a súa asistencia á Asemblea. A súa presenza na mesma evitará posteriores comentarios, desacordos e protestas. Se lle é imposible acudir, pode delegar a súa representación noutro socio, por medio do modelo adxunto. Ten que ir acompañado necesariamente dunha fotocopia do seu DNI.