You are currently viewing CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

  • Post author:
  • Post category:Novas

Estimada/o socia/o:

Éme moi grato poñer no seu coñecemento que o próximo día 16 de Decembro celebrarase a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA da Asociación AGALURE, ás 19:45 horas, en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda convocatoria, no Salón de Terapias do Centro Asistencial da asociación sito en rúa Pasteur,30 Biaxo-15008 A Coruña, co seguinte

ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación, se procede, para autorizar a compra dun local na localidade de Lugo, localización e prezo a concretar na Asemblea
2.- Aprobación, se procede, para autorizar ao Presidente para realizar as xestións oportunas para a compra do ben arriba mencionado así como dar potestade ao Presidente da Asociación Agalure, para a firma de préstamos e/ou créditos.
3.- Aprobación, se procede, para a apertura dunha delegación na cidade de Lugo.
Dados o tema para tratar, rógolle encarecidamente a súa asistencia á Asemblea. A súa presenza na mesma evitará posteriores comentarios, desacordos e protestas. Se lle é imposible acudir, pode delegar a súa representación noutro socio, por medio do modelo adxunto. Ten que ir acompañado necesariamente dunha fotocopia do seu DNI

Un saúdo PRESIDENTE
Asdo.: Francisco L. Gil Sánchez