Neste momento estás a ver CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Estimada/o socia/o:

Éme moi grato poñer no seu coñecemento que o próximo día 25 de Xuño celebrarase a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Asociación AGALURE, ás 19:00 horas, en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, no Salón de Terapias do Centro Asistencial da asociación sito en rúa Pasteur,30 Baixo-15008 A Coruña, co seguinte

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, do acta da Asemblea anterior.
  2. Balance de Ingresos e gastos de 2023. Memoria de actividades 2023.
  3. Presupostos ano 2024 e Programación de actividades.
  4. Refrendo da Designación de representante para subvencións de Concello, Deputación e Xunta.
  5. Xestións realizadas durante o ano 2023.
  6. Rogos e preguntas

Dados os temas para tratar, rógolle encarecidamente a súa asistencia á Asemblea. A súa presenza na mesma evitará posteriores comentarios, desacordos e protestas. Se lle é imposible acudir, pode delegar a súa representación noutro socio.