Chegou o verán, unha época na que as recaídas nas adiccións son habituais.
Coa chegada do calor, as vacacións e a diversión, o ambiente vólvese máis relaxado e distendido. O propósito é desconectar, pasalo ben e saír da rutina, pero as persoas que teñen unha conducta compulsiva son máis propensas a perder o control ante determinadas situacións de risco, ademais de que hai máis tempo libre e máis estímulos que incitan á recaída. Incluso pode ser un período de descontrol que ocasione futuras adiccións.
Se cres que estas datas poden supoñer un problema para ti ou alguén do teu entorno, non o dubides e pide axuda, non permitas que se produza. Estas son algunhas recomendacións a seguir para evitala:
1. Ocupa o tempo nas cousas que che gustan
Cando nos sentimos decaídos, pode ser difícil manter a motivación. Trata de sacar tempo para facer o que che gusta, isto irá axudándoche a experimentar certo pracer. Aprender algo novo, desenvolver novas habilidades levanta o ánimo. Pensa nunha lista de ideas que che gustaría probar e escolle por cal comezar.
2. Practica actividades saudables
Ler, practicar deporte, debuxar, pasear… Pode ser calquera actividade que esperte o interese da persoa e que poña en práctica un ocio san que che axudará a manterte lonxe das adiccións, porque estarás entretido/a e ocupado/a.
Ademais, aportarache motivación e enerxía positiva. Sentiraste ben e a necesidade de consumir diminuirá.
3. Establece un certo orde e horario
No desorde do verán e o pracer de non ter rutinas, débese manter un orde igualmente, aínda que sexa mínimo. É un simbolismo para non ter a sensación de descontrol e caos, dous elementos que caracterizan as adiccións.
4. Durme ben
Durmir ten un efecto moi positivo na nosa saúde física e emocional. Establece unha rutina funcional e correcta para sentirte mellor física e mentalmente. Proba, se fose necesario, diferentes técnicas de relaxación que axuden a conciliar o sono. Descansar ben é fundamental.
5. Distánciate de situacións que supoñan unha ameaza
Non baixes a garda en ningún momento e evita expoñerte a situacións nas que non se sabe que se poderá manter o control. É importante non pensar que xa se está preparado, que por probar non pasará nada, que por acudir ós mesmos sitios relacionados coa adicción non significará unha recaída… o mellor é evitar calquera circunstancia que poida poñer en risco todos os avances conseguidos ata o momento.
6. Ten sempre presente a adicción
Para evitar recaídas, é convinte non esquecerse que a adicción é crónica e estará presente toda a vida. Pode ser útil manter o contacto durante as vacacións con persoas que axuden a recordar a importancia de non recaer de novo no mundo das adiccións ou que estean pasando por un proceso parecido para axudarse mutuamente.
7. Apóiate na familia e amigos que nos protexen e axudan
Falar de como te sentes cun familiar ou unha amizade íntima pode axudarche moito. É habitual illarse cando un se sente deprimido, pero isto pode facer que se sinta aínda peor. Intenta volver conectar cos teus amigos. Se estiveches evitando ás túas amizades, un punto de partida podería ser retomalo.
8. Busca axuda profesional
Anticiparse a posibles riscos e, antes de que suceda, pedir axuda se se detecta que pode ser probable recaer nalgunha adicción durante esta época de verán. Recibir axuda dun equipo especializado nas adiccións é a máxima garantía para previlas.
Sénteste identificado? Contacta e axudarémosche
Sempre existe saída. O noso equipo de profesionais cualificados debidamente titulados levará a cabo a terapia apropiada.
Agalure é unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.
A nosa sede asistencial de Coruña, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.
Dende o pasado mes de abril, tamén dispoñemos dun novo centro asistencial en Lugo, no que estamos a disposición baixo cita previa no 982 991 670.