En Sevilla, os días 30 de Setembro, 1 e 2 de outubro FEJAR celebra o XXII Congreso Nacional coa asistencia de todas as entidades integradas na nosa Federación así como persoal directivo, técnico, e diversos axentes sociais que nos/nos acompañan no labor diario que vimos desenvolvendo desde fai máis de 30 anos por unha sociedade máis saudable e libre de adiccións.
Este ano, dentro da nosa política de igualdade queremos aumentar as nosas accións para combater a brecha de xénero, non só na sociedade, senón tamén á hora de acceder a un tratamento que posibilite unha integración efectiva da muller no noso protocolo e intervención social.
Durante todo o ano realizamos actividades en busca deste obxectivo de igualdade e o noso congreso estará a reivindicar o papel da MULLER en todos os ámbitos sociais, así como medidas terapéuticas para efectivizar esa igualdade nos nosos Centros.