AGALURE participa na constitución do Consello Local de Saúde

O pazo de María Pita acolleu a constitución do Consello Local da Saúde, un ente de carácter consultivo, que supón un avance na consolidación da Coruña como cidade saudable. Presidido polo alcalde, Xulio Ferreiro, e integrado por distintas entidades do ámbito da saúde (entre elas, Agalure), ten como obxectivo crear un novo espazo de participación e debate no que acordar e impulsar propostas neste ámbito, así como poñer en marcha accións orientadas á mellora da calidade de vida da cidadanía. Impulsado polo goberno local e, en concreto, pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, o Consello da Saúde conta neste momento coa adhesión de 28 asociacións e federacións do ámbito socio-sanitario, ademais da representación do goberno local e do resto de formacións con representación na corporación municipal. O rexedor salientou ante os medios que este novo órgano “debe servir como lugar de encontro e de diálogo para o deseño de políticas, especialmente de prevención que é o onde temos máis competencias, pero tamén como foro no que traer discusións sobre temas capitais como, por exemplo, a solución máis acaída para a necesaria ampliación do Chuac ou as súas necesidades actuais “.

Ferreiro tamén destacou o feito de que a iniciativa do Consello Local da Saúde “obtivo unha gran resposta dende o primeiro día por parte das entidades socio-sanitarias da cidade así como polo resto de formacións políticas con representación na corporación”. “Hai asuntos de cidade nos que é necesario que todos rememos do mesmo lado, a saúde é un deles”, apuntou.

Cidade de Coidados

Pola súa banda e durante o acto de constitución, a concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, salientou que o Consello Local da Saúde é un novo paso dentro da liña de actuación posta en marcha polo goberno local para promover e protexer a saúde o benestar da veciñanza de cara “á consolidación da Coruña como unha Cidade Saudable, unha cidade que coida de todas as persoas que viven nela”. “Neste tempo implementamos unha Renda Social Municipal que permite cubrir as necesidades básicas das persoas, melloramos o plan de prevención de drogodependencias mediante a posta en marcha de novas accións comunitarias como Educación na rúa ou a permuta de sancións a menores por consumo de alcohol por cursos de sensibilización, incrementamos os programas educativos que traballan hábitos saudables e abrimos os patios dos colexios en período non lectivo para fomentar o deporte e outras alternativas saudables”, enumerou. “Fixemos moitas cousas, pero debemos seguir facendo, xa que a nosa cidade necesita que sigamos construíndo ferramentas e facendo camiño. Temos grandes retos, como o forte envellecemento ou a saúde mental e debemos afrontalos dende a coordinación coa rede sanitaria e socio-sanitaria”, indicou, á vez que recordou que o Consello Local da Saúde queda suxeito á incorporación de máis colectivos, se así o solicitasen.

Ademais de representantes do goberno local e do resto de formacións da Corporación, o Consello Local de Saúde quedou constituído coa participación dos sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF, ademais da Facultade de Ciencias da Saúde e de Fisioterapia da UDC, os colexios oficiais de Fisioterapeutas de Galicia, o de Farmacéuticos,  Médicos, Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, Traballo Social e Psicoloxía de Galicia, Cruz Vermella, Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes, Asociación de Nenos con Déficit de Atención e Hiperactividade, Asociación Cidadá de Loita contra a Droga, Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, Asociación Parkinson Galicia, Asociación Galega de  Fibrosis Quística, Asociación Coruñesa de Epilepsia, Asociación Pro Enfermos Mentais da Coruña, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, Liga Reumatolóxica Galega, Agalure, Asociación Coruñesa de Fibromialxia e Fatiga Crónica e Sos Sanidade Pública.

Agalure abre no Ventorrillo o seu novo centro asistencial para loitar contra as ludopatías

A Asociación Agalure acaba de inaugurar unha nova sé na rúa Pasteur, fronte ao centro de especialidades de O Ventorrillo, na que desenvolve o seu programa de actividades de prevención e tratamento das ludopatías e outras adicciones comportamentais, como internet, as novas tecnoloxías ou as compras compulsivas.

A entidade expuxo fai ano e medio a necesidade de contar con novas instalacións para realizar o seu labor asistencial. Fíxoo no transcurso do programa A Radio Conta, realizado conjuntamente por todas as emisoras radiofónicas da cidade. Tras varios meses de intensas xestións, Agalure conseguiu obter este novo local no barrio do Ventorillo, que se converterá en punto de atención único para afectados por ludopatía e outros trastornos.

Nesta sé, a asociación desenvolve varios tipos de terapias. “Hai grupales, individuais e familiares. Todas dirixidas por un psicólogo especializado que marca o tratamento dependendo da persoa”, detalla o seu presidente, Francisco Gil, que en declaracións ao diario La Opinión de A Coruña asegura que “hai unha base común” pero cada enfermo “necesita” o seu propio programa.

A entidade, que abarca a área das provincias da Coruña e Lugo, conta actualmente con 400 usuarios, e non só ofrece apoio a rehabilitados e enfermos en tratamento senón tamén aos seus familiares. “É unha enfermidade que afecta a toda a contorna”, expón Gil.

Os membros de Agalure móstranse “alarmados” polo crecemento do número de afectados pola ludopatía e polas idades dos mesmos. “Con respecto ao ano pasado, houbo un incremento do 35%. Ata nos ten contactado un preso dun cárcere de Ourense pedíndonos axuda”, comenta Gil, ao que lle preocupa que os menores xa están en contacto con este tipo de adicciones sen sustancia. Segundo os datos da asociación, o 34% das persoas diagnosticadas en 2017 comezou a xogar antes dos 18 anos. “É moi chocante porque en teoría iso está prohibido”, apunta.

Esta tendencia provocou un cambio importante na media de idade dos ludópatas. “Fai uns anos, a media era de 50 anos. Agora é de 37,26 anos”, desvela Francisco Gil. Ademais, a idade media de inicio no xogo perigoso sitúase nos 20,22 anos. Estes datos fixeron que Agalure desenvolva charlas e talleres en colexios da Coruña, Culleredo e As Pontes. “Ata xuño, cando acabe o curso, non teremos datos concretos pero estamos vendo que a maioría dos alumnos de 4º diso xa tivo contacto con algún tipo de xogo”, explica, e engade: “Se cadra non apostas pero si xogos adictivos”.

Das adicciones que se tratan en Agalure, as máis comúns están relacionadas coas apostas deportivas. “Tratamos, sobre todos, a adictos aos xogos online e aos terminales de xogos que hai nas casas de apostas”, explica. Tamén están tratando actualmente casos de “adicción á Bolsa”. Con todo, non todo está relacionado co diñeiro. “Atendemos, por exemplo, a cleptómanos pero tamén a adictos ao gimnasio porque si non hai un control sobre a actuación, existe un problema”, declara.

AGALURE celebra unha asemblea xeral ordinaria o próximo día 13 de abril

O próximo día 13 de Abril celebrarase a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Asociación AGALURE, ás 19:15 horas, en primeira convocatoria e ás 19:45 horas en segunda convocatoria, no Salón de Actos do Centro Municipal de Participación Cidadá do Birloque, sito na mesma dirección que os locais desta Asociación co seguinte

ORDE DO DÍA:
1º Lectura e aprobación, se procede, do acta da Asemblea anterior.
2º Balance de Ingresos e gastos de 2017. Memoria de actividades 2017.
3º Presupostos ano 2018 e Programación de actividades.
4º Designación de representante para subvencións de Concello, Deputación e Xunta.
4º Xestións realizadas durante o ano 2017.
5º Rogos e preguntas.

Carta da convocatoria e delegación do voto.

Descargar aquí.

As demandas das asociacións galegas de ludópatas estarán presentes no debate sobre a Lei do Xogo de Galicia

Os responsables da Área Institucional e de Sanidade do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada e Julio Torrado, comprometéronse hoxe a levar ao debate parlamentario da futura Lei do Xogo de Galicia as demandas das asociacións galegas de ludópatas. Así o dixeron hoxe logo dunha xuntanza coa Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados –Fejar-, a Asociación Galega de Xogadores Anónimos –Agaja- e Agalure.

Díaz Villoslada trasladou a súa preocupación pola elaboración da nova Lei do Xogo de Galicia por parte do goberno galego e subliñou a necesidade de que se enmarque na Lei Estatal que regula o xogo, presentada en 2011 polo goberno presidido por Zapatero.

Puntualizou que o plantexamento da norma galega debe ser polo tanto “non só recadatorio e fiscal senón que debe ter en conta tamén o impacto das ludopatías e establecer compromisos para promover o xogo responsable e previr o acceso dos menores”.

Os socialistas galegos comprometéronse hoxe a visibilizar os problemas das persoas que padecen este tipo de adiccións, así como a necesidade de regular o sector e de asignar recursos preventivos e dende o punto de vista da saúde mental. Advertiron do “desamparo” a que somete o Sergas aos enfermos de ludopatía e reivindicaron a súa inclusión nos plans de saúde mental do goberno galego.

Anunciaron que presentarán unha serie de iniciativas parlamentarias para reivindicar políticas reais de prevención, loita contra a “moi perigosa” tolerancia social nesta materia e de compromiso real cos afectados a través dos programas asistenciais. Trasladáronlles aos representantes dos colectivos as súas emendas aos orzamentos para reforzar a prevención de condutas aditivas, rexeitadas sistematicamente polo PP.

Aumenta o número de Consultas en AGALURE

AGALURE experimentou un aumento de consultas dun 25% no período Xaneiro-Maio 2017 con respecto ao mesmo período do ano anterior. Seguindo a tendencia desde o ano 2014, o número de consultas e intervencións segue aumentando, ata o punto de ampliar en tres días á semana o horario existente, atendendo tamén en horario de mañá os luns, mércores e venres.

AGALURE celebra unha asemblea xeral ordinaria e outra extraordinaria o próximo día 26 de maio

Pola presente convócase ás/os socias/socios das Asociación AGALURE á asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o próximo día 26 de Maio ás 19:15 h. en primeira convocatoria e 19:45 h. en segunda convocatoria, cos seguintes puntos do día:

1º Lectura e aprobación, se procede, do acta da Asemblea anterior.

2º Balance de Ingresos e gastos de 2016. Memoria de actividades 2016.

3º Presupostos ano 2017 e Programación de actividades.

4º Xestións realizadas durante o ano 2016.

5º Rogos e preguntas

Seguidamente celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria cos seguintes puntos do día:

1.- Modificación de Estatutos.

2.- Nomeamento de Presidente de Honra.

3.- Cesamento de membros de Xunta Directiva.

4.- Modificación de Xunta Directiva.

5.- Rogos e preguntas.

Se adxunta á presente carta das convocatorias e delegación do voto.

Asambrea Ordinaria

Asamblea Extraordinaria

Agalure agradece o recoñecemento recibido por “A radio conta”

El pasado día 3 de enero tuve el placer de disfrutar de un espectáculo único en España, la unión de 7 emisoras de radio locales de A Coruña, en un acto solidario llamado “A Radio Conta”. Bajo el marco incomparable del teatro Rosalia de Castro tuvo lugar una gala impresionante que en esta su 4ª edición estaba dedicada a recaudar fondos para la asociación Agalure de la cual soy presidente.

A RADIO CONTA, o como diría Paco Lodeiro, la radio cuenta; la radio cuenta historias, la radio cuenta con todos, la radio cuenta solidariamente con los que precisan ayuda, la radio cuenta y contó el quehacer de Agalure. Este para mi sería el titular de esa tarde. Pero más allá de este acto en sí, el estar la tarde del 3 de enero viendo ese programa de radio en vivo y en directo sentí que no sólo me contó, sino que me recordó aquellas noches junto a mi abuela escuchando a Encarna, o las tardes de los domingos cuando iba en el coche de mi padre escuchando «Carrusel Deportivo», o las esperas escuchando si me dedicaban una canción por la radio o si leían mi carta donde se las dedicaba yo una a mis amigos. También me recordó aquéllos partidos de Segunda División del Depor radiados por Manolo Castelo; me recordó que crecí con una radio de la que ya me estaba olvidando. En estos tiempos con tanta tecnología y de tanta TV recordé la magia de la radio. Por eso, os debo dar las gracias por seguir haciendo radio, gracias por estar ahí. 

También os doy las gracias por escoger a Agalure y ayudarnos a visualizar el problema que supone la LUDOPATÍA para algunas personas, y, como es lógico, por la cuantiosa recaudación que lograsteis para nuestra asociación. Agradecer tanto a las empresas que colaboraron como a las personas anónimas sus aportaciones, ya que en los tiempos que corren seguro que suponen un gran esfuerzo para todos y también a Maxi, Presidente de FEJAR, y a los compañeros de las asociaciones de AGAJA (Vigo) y LARPA (Oviedo) por su asistencia al acto.

Aprovecho también, en mi nombre y en el de toda la Junta Directiva actual, para agradecer a nuestros psicólogos Jose y Mara su labor durante estos 23 años y, como no, a todos los socios, de ahora y de antes, y miembros de Juntas Directivas anteriores por su labor y su colaboración por que sin su granito de arena hoy no estaríamos aquí.

Este reconocimiento por parte de “A Radio Conta” nos ha dado un empujón para seguir luchando para que Agalure siga creciendo y luchando contra las consecuencias de la Ludopatia en A Coruña.

Gracias a “A RADIO CONTA”

Francisco Gil

P.D. Señor Alcalde en los locales donde estamos en este momento no existe ningún tipo de problema de convivencia con las otras asociaciones, sino que convivimos amistosamente con una serie de incompatibilidades que nos impiden realizar nuestras actividades con la privacidad y comodidad, que en nuestro caso se requiere. Los miembros de Agalure estamos muy integrados y muy a gusto en el barrio de O Birloque, y así nos ven los vecinos y el resto de asociaciones a nosotros. Le invitamos a que nos visite y pueda preguntar usted mismo si es cierto lo que decimos.