Máis do 37% dos adolescentes está en risco de “engancharse” ao xogo, advirte Agalure na TVG

Moito ollo con certas aplicacións dos móbiles ou coas apostas deportivas porque poden converterse nun auténtico pesadelo familiar. Hai estudos que din que un de cada tres adolescentes corre o risco de engancharse, de converterse en adicto ao xogo. Nalgún caso, mesmo xerando débedas astronómicas que chegan por sorpresa á casa.

Centos de xogos competitivos e apostas deportivas a golpe de clic. Esa oferta descomunal téñena na man todos os que posúan un teléfono móbil, unha tablet ou un ordenador, e os menores de idade manéxanse coas novas tecnoloxías bastante mellor que moitos adultos.

O problema comeza cando do lecer se pasa á necesidade e dela á adicción. Segundo un estudo feito o curso pasado en centros de ensino da Coruña máis do 37 por cento dos 830 adolescentes preguntados están en risco de engancharse a algún destes xogos.

Dende esta asociación temos claro que o problema vai a máis, e botamos en falta investigacións máis amplas porque desde os anos 90 non existen datos fiables e globais do problema da ludomanía. Aquí nos chegan os casos extremos.

As novas tecnoloxías, advertimos, non poden ser os canguros do século XXI. Por iso aconsellamos un control parental similar ao que se fai cos estudos, as amizades ou intereses dos fillos. Ademais, demandamos medidas preventivas e de control do xogo por parte das administracións.

Así o presentamos nunha reportaxe que nos fixo a TVG:

PREME AQUÍ PARA VER A REPORTAXE DA TVG

Agalure, destinataria dos fondos que recaude a cuarta edición de A Radio Conta

a-radio-conta-2016-af-500x700mm-mock-up

 

O próximo día 3 de Xaneiro terá lugar, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña de 17:30 a 20:00 h., a cuarta edición da Radio Conta onde profesionais de sete emisoras de radio da Coruña (Radio Galega, Radio Marca, Onda Cero A Coruña, Cope Coruña, Radio Voz, Radio Coruña Cadea Ser e Radio Nacional de España) únense nun programa único e solidario en toda España a fin de solicitar fondos, nesta ocasión para a Asociación Agalure, realizando e emitindo conxuntamente un programa especial de radio con entrevistas, convidados especiais, humor e música en directo.

Asamblea Xeral Extraordinaria de Agalure, o 16 de dicembro

Infórmase aos/as socios/as que o próximo día 16 de Decembro ás 19:45 h. en primeira convocatoria, 20:15 h. en segunda, celebrarase Asemblea Xeral Extraordinaria coa seguinte orde do día:
1.- Modificación de Estatutos.
2.- Nomeamento de Presidente de Honra.
3.- Modificación de Xunta Directiva.
4.- Informacións varias.
5.- Rogos e preguntas.

AGALURE, declarada Entidade de Utilidade Pública

O Diario Oficial de Galicia do día 7 de Abril de 2016, no apartado Outras Disposicións, publica a Orde do 30 de Marzo de 2016 pola cal se declara de Utilidade Pública á Asociación AGALURE.

Desde AGALURE agradecer a todas as persoas e institucións que contribuíron, en maior ou menor medida, ao recoñecemento da nosa Asociación.

A Xunta Directiva