AGALURE, declarada Entidade de Utilidade Pública

O Diario Oficial de Galicia do día 7 de Abril de 2016, no apartado Outras Disposicións, publica a Orde do 30 de Marzo de 2016 pola cal se declara de Utilidade Pública á Asociación AGALURE.

Desde AGALURE agradecer a todas as persoas e institucións que contribuíron, en maior ou menor medida, ao recoñecemento da nosa Asociación.

A Xunta Directiva

Asemblea Xeral AGALURE

Pola presente convócase aos/as socios/as da Asociación AGALURE á Asemblea Xeral a celebrar o próximo día 29 de Abril ás 19.30 h. en primeira convocatoria e 20:00 h. en segunda convocatoria, cos seguintes puntos do día:

1º Lectura e aprobación, se procede, do acta da Asemblea anterior.
2º Balance de Ingresos e gastos de 2015. Memoria de actividades 2015.
3º Presupostos ano 2016 e Programación de actividades.
4º Xestións realizadas durante o ano 2015.
5º Rogos e preguntas.

Asdo. O Presidente

Se adxunta á presente carta da convocatoria e delegación do voto.

Adxuntamos tamén a convocatoria da Asamblea Extraordinaria.

Convocatoria Asamblea Extraordinaria 2016

Chat on-line, novo servizo de AGALURE

Co fin de ofrecer unha mellor atención e información, incorporamos á nosa páxina web un chat on-line, onde persoas afectadas coas adiccións sen sustancias ou os seus familiares e/ou amigos poden realizar as consultas que precisen, as cales serán contestadas polo noso persoal especializado. Incorporamos pois, un servizo máis de axuda á comunidade.

Expertos alertan de que as consultas por adicción ao xogo aumentaron un 54% no último ano na Coruña

Necesidade de xogar cada vez máis, ansiedade se non se aposta, mentiras e o descoido das relacións laborais e persoais son algúns dos síntomas que presentan os adictos ao xogo. Na asociación coruñesa de ludópatas rehabilitados Agalure as consultas atendidas aumentaron un 54% o ano pasado, o xogo “online”gáñalle terreo ao tradicional e o perfil do xogador é cada vez máis novo.

+ info