Neste momento estás a ver Novos convenios de colaboración coa Xunta de Galicia

Novos convenios de colaboración coa Xunta de Galicia

Diego Calvo, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, acompañado de Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias e Interior, asinou onte con representantes de Agalure (Coruña e Lugo) e Agaja (Vigo) estes novos convenios, dotados con 5.000 euros cada un.

Prevención, información e asesoramento á cidadanía sobre o xogo responsable son os tres fundamentos básicos polos que a Xunta de Galicia se compromete a apoiarnos, co obxectivo de que poidamos continuar coa prestación de atención especializada ás persoas que padecen ludopatías e problemas derivados da adicción ao xogo.

Despois da sinatura, o vicepresidente primeiro puxo en valor o traballo tanto de Agalure como de Agaja, asociacións que tratamos en Galicia os problemas derivados de condutas aditivas relacionadas co xogo a prol da prevención, promoción, divulgación, información e asesoramento en materia de xogo responsable

A nosa actividade non sería posible sen o apoio das institucións. Dende este espazo, como mostra de agradecemento, queremos recoñecer públicamente, o compromiso e a solidaridade da Xunta de Galicia, apoiando a loita contra a ludopatía e as adiccións sen substancia ou comportamentais.

Agalure, ademais de levar a prevención a centros educativos e formativos, somos unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.

A nosa sede asistencial de Coruña, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.

Dende o pasado mes de abril, tamén dispoñemos dun novo centro asistencial en Lugo, no que estamos a disposición baixo cita previa no 982 991 670.