Neste momento estás a ver Plan de prevención nas escolas deportivas do Victoria CF

Plan de prevención nas escolas deportivas do Victoria CF

A asociación Agalure comezou a traballar onte no plan de prevención dirixido a todos os xogadores e xogadoras que forman parte das categorías inferiores do Victoria CF.

Baixo o título “Prevención das adiccións sen substancia no ámbito xuvenil e o deporte”, o obxectivo destas xornadas é que os seus futbolistas en formación poidan ser conscientes dos riscos que existen arredor desta problemática social, cada vez máis en auxe entre a xuventude.

As charlas estenderanse tres semanas, dende o martes 2 ata o venres 19 de maio. Correrán a cargo dos profesionais especialistas de Agalure, asociación dende a que nos gustaría agradecer á dirección do Victoria CF que tivesen en conta un tema tan importante na actualidade como o son as conductas aditivas, un considerable problema na adolescencia que debe previrse e tratarse. O Victoria CF é o terceiro club de fútbol que conta con Agalure para concienciar ós seus deportistas sobre esta problemática, despois do RC Deportivo da Coruña e Bergantiños CF.

A finais de marzo, Juan Vázquez, presidente do Victoria CF, estivo nas instalacións de Agalure firmando este novo convenio.

Juan Vázquez, presidente do Victoria, xunto con Fran, presidente de Agalure

 

Agalure, ademais de levar a prevención a centros educativos e formativos, somos unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.

A nosa sede asistencial de Coruña, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.

Recementeme abrimos un novo centro asistencial en Lugo, no que estamos a disposición baixo cita previa no 982 991 670.