Agalure fúndase na cidade da Coruña o ano 1994 por iniciativa dun grupo de enfermos e da Psicóloga Dña. Alicerce Ferreiro, para dar cobertura a unha necesidade crecente ás persoas afectadas pola Ludopatía, inicialmente coa denominación social de Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados.
A Asociación desenvolve todas as súas actividades en toda a Comunidade Autonómica Galega, aínda que a súa sé social e a asistencial están na Coruña.





OS FINS E ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN
Os fins da Asociación consisten en ofrecer a persoas que padecen a enfermidade da Ludopatía ou outras adiccións sen sustancia ou comportamentais e/ou á contorna dos mesmos a atención psicoterapeútica, asesoramento xurídico e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados, mediante un equipo dirixido por profesionais cualificados debidamente titulados. Tamén forma parte dos fins sociais a difusión e sensibilización da sociedade respecto dos problemas asociados á adicción ao xogo ou outras adiccións sen sustancia ou comportamentais; Difusión e sensibilización que axude á detección de persoas afectadas por este problema a fin de facilitar a realización das actuacións preventivas e que fomente o apoio e a compresión social cara ás persoas afectadas. Para a consecución destes obxectivos establecerase un programa anual de actividades que estará vixente desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de cada ano.
O programa de actividades abarca:
a) Atendemos diariamente todas as chamadas telefónicas ou calquera outro tipo de requirimento dun posible enfermo. No caso de atoparse a Asociación pechada (festivos, fins de semana?.) recóllense as chamadas no contestador telefónico.
b) No caso de que este deséxeo, fíxase data e hora para informarlle da súa enfermidade ( se a houber) .
c) Consultas do Equipo Técnico , de luns a venres (ambos inclusive).
d) Consultas do Equipo Técnico a persoal rehabilitado.
e) Realizamos terapias de grupo semanais , para o persoal a tratamento. A cargo do Equipo Técnico .
f) Informacións asociativas, co fin de que os novos socios de Agalure coñezan o funcionamento da Asociación, os seus dereitos e os seus deberes. Serán impartidas por ludópatas rehabilitados.
g) Terapias familiares a cargo do equipo técnico, co fin de apoiar aos familiares das persoas a tratamento
h) Reunións Grupo Apoio Terapéutico, a cargo do equipo técnico a persoal rehabilitado que posteriormente desempeñará funcións de información aos enfermos.
i) Terapias para ludópatas rehabilitados , a cargo do equipo técnico.
j) Establecemos contactos coa Administración local e autonómica .
k) Divulgación en medios de comunicación .
l) Programas de Divulgación e información en Concellos, colexios e profesionais.
m) Elaboración de folletos e carteis para a súa posterior difusión.
n) Actos sociais que son valorados e posteriormente se procede, aprobados pola Xunta Directiva, co fin de fomentar a convivencia entre todos os socios de Agalure (persoal a tratamento, rehabilitados, familiares dos mesmos, etc,).
PERSONA DE CONTACTO
NOVEDADES
-
Charlas preventivas co RC Deportivo da Coruña30/01/2023/0 Comments
-
Cómo previr a adicción aos videoxogos03/01/2023/
-