Neste momento estás a ver Subvención do Convenio Nominativo do Concello da Coruña

Subvención do Convenio Nominativo do Concello da Coruña

Concello da Coruña concedeu á asociación Agalure a subvención para o Convenio nominativo deste 2023.

Para este programa foinos adxudicada a cantidade total de 20.000€. Con ela financiamos as actuacións preventivas e de atención terapéutica que realizamos ás persoas ludópatas, así como de apoio á integración social, mediante un equipo profesional titulado e dun programa contra as novas adiccións nos colexios.

Grazas a este convenio, seguiremos percorrendo os institutos da bisbarra da Coruña. Traballamos a prevención entre o alumnado de 4º da ESO, principalmente, público cada vez máis habitual nas casas de apostas.

Dende este espazo, como mostra de agradecemento, queremos recoñecer públicamente, o compromiso e a solidaridade do Concello da Coruña, apoiando a loita contra a ludopatía e as adiccións sen substancia ou comportamentais. A nosa actividade non sería posible sen o apoio das institucións.

Agalure, ademais de levar a prevención a centros educativos e formativos, somos unha entidade de utilidade pública que ofrece atención psicoterapeútica e xurídica, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.

A nosa sede asistencial, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.

Dende o pasado mes de abril, tamén dispoñemos dun novo centro asistencial en Lugo, no que estamos a disposición baixo cita previa no 982 991 670.