O Concello da Coruña vén de aprobar á asociación Agalure a subvención de igualdade e diversidade 2022, a través do programa “También contamos”.
O que Agalure traballa con este programa é o apoio terapéutico ás mulleres que acoden á asociación en calidade de acompañantes de pacientes, que na gran maioría son varóns. Agalure ofrécelles formación e información para afrontar a situación, aportándolles as ferramentas e habilidades necesarias para que coñezan máis a adicción e comprendan mellor a situación dos pacientes ós que veñen acompañar. No último ano, foron atendidas 242 mulleres nesta situación.
A nosa actividade non sería posible sen o apoio das institucións. Dende este espazo, como mostra de agradecemento, queremos recoñecer públicamente, o compromiso e a solidaridade do Concello da Coruña, apoiando a loita contra a ludopatía e as adiccións sen substancia ou comportamentais.