O Concello da Coruña vén de aprobar dúas subvencións á asociación Agalure.
- “Tamén contamos”, programa destinado a actividades de interese social en materia de igualdade e diversidade dentro do ámbito das adiccións sen substancia e comportamentais.
- “Escoita activa”, programa destinado a actividades de interese social en materia de mediación profesional.
A nosa actividade non sería posible sen o apoio das institucións. Dende este espazo, como mostra de agradecemento, queremos recoñecer públicamente, o compromiso e a solidaridade do Concello da Coruña, apoiando a loita contra a ludopatía e as adiccións sen substancia ou comportamentais.
Ademais de levar a prevención a centros educativos e formativos, Agalure somos unha 𝐞𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐮𝐭𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐨𝐟𝐫𝐞𝐜𝐞 𝐚𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐬𝐢𝐜𝐨𝐭𝐞𝐫𝐚𝐩𝐞𝐮́𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐱𝐮𝐫𝐢́𝐝𝐢𝐜𝐚 neste tipo de adiccións, xunto cos apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados por ludopatía e ou outras adiccións comportamentais.
A nosa sede asistencial de Coruña, aberta de luns a venres entre as 16:00 e as 21:00, está ubicada na Rúa Pasteur 30, fronte ó centro de especialidades do Ventorrillo. Tamén estamos operativos no teléfono 981 289 340 ou a través de correo electrónico agalure@agalure.com.
Tamén dispoñemos dun novo centro asistencial en Lugo, no que estamos a disposición baixo cita previa no 982 991 670.