Neste momento estás a ver Xornadas sobre a adicción ós videoxogos

Xornadas sobre a adicción ós videoxogos

O pasado venres tivo lugar o seminario ‘Como detectar, tratar e previr a adicción aos videxogos’ nas instalacións da Deputación Provincial da Coruña, organizada por Agalure en colaboración coa Deputación da Coruña e o departamento de Servizos Sociais da mesma.

Dirixida, principalmente, ós servizos sociais dos concellos e ós servizos de orientación de centros educativos, tivo a honra de contar con catro expertos relatores de grande renome no ámbito da psicoloxía e as adiccións comportamentais.

Contou tamén coa presenza da deputada de Benestar Social, Ana Lamas, e co presidente da Deputación da Coruña e secretario provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Valentín Formoso.

Formoso reclamou á Xunta máis medidas

Valentín Formoso, aproveitou a súa intervención inaugural para reclamar á Xunta máis medidas para evitar a adicción ao xogo entre os menores. Formoso subliñou que a lei autonómica que regula o xogo “vén de 1985, cando nin siquera existía internet, nin se vían casas de apostas” polo que considerou necesario adaptar a lexislación á realidade actual e non ceder ante o poder “dun lobby moi poderoso”, como é a industria do xogo.

“Estamos dispostos a facer o que haxa que facer para que outras administracións como a Xunta de Galicia se implique tamén a fondo neste problema”, afirmou en declaracións aos medios, advertindo tamén sobre “os riscos tecnolóxicos que irrompen nos fogares en forma de videoxogos ou apostas en liña” e demandou á Xunta medidas “máis ambiciosas” para a prevención da ludopatía e a regulación das casas de apostas.

Unha vez inauguradas as xornada co pertinente contexto legal e social da industria do videoxogo en Galicia, contamos coas intervencións de Francisco Gil, presidente de Agalure, ademáis dos expertos D. Daniel Loren, Dna. Ana Estévez, D. Ramón Peña e D. Antonio Rial Boubeta.